IniciosociedadeDous casos novos e dúas altas no brote da Mariña, con doce...

Dous casos novos e dúas altas no brote da Mariña, con doce persoas confinadas máis

Realizáronse 67 PCR nas últimas horas, con 65 resultados negativos; o número de contactos en seguimento domiciliario aumenta a 321

Publicada o

- Advertisement -

O brote de coronavirus rexistrado no distrito sanitario da Mariña suma este domingo dous novos positivos, pero mantense cos mesmos casos activos que o sábado un total de 39, porque se produciron tamén dúas altas, de acordo cos datos das autoridades sanitarias.

Nas últimas 24 horas outras dúas persoas deron positivo nas 67 PCR realizadas na área, que volve rexistrar novos casos. Tamén se deron dúas altas de pacientes curados. Con iso, o brote, que a mediados de xullo chegou a superar os 180 casos activos, segue en 39.

Do total, a maior parte dos casos son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, con obrigación de gardar corentena durante 14 días. Dúas persoas atópanse ingresadas no Hospital da Mariña, e a súa evolución é favorable. Así mesmo, Sanidade mantén en seguimento domiciliario a 321 persoas, 12 máis que o sábado. Trátase de contactos estreitos do positivos pero cuxas PCR deron negativo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...