Oito tripulantes do Punta do Xuncos, positivos nas probas de coronavirus

O palangreiro regresara ao porto de Burela, onde a tripulación permanece illada a bordo, ao notar síntomas da enfermidade un dos mariñeiros

Punta dos Xuncos. VÍCTOR H. LORENZO/MARINE TRAFFIC

O número de positivos no Punta do Xuncos, o palangreiro que tivo que regresar ao porto de Burela ao notar un mariñeiro síntomas do coronavirus, ascende a oito, segundo confirmaron esta tarde fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

A tripulación do barco, con 13 integrantes, permanecía confinada a bordo despois de que os primeiros tests confirmaran tres positivos considerados como “dubidosos” pola Consellería de Sanidade.

15 PCR REALIZADAS

Finalmente, as PCR realizadas o pasado luns, a estes obreiros e tamén ao armador e a un membro da empresa que opera en terra, confirmaron que ata oito persoas están infectadas. Os traballadores permanecen polo de agora illados no buque, tanto os contaxiados como os libres de Covid-19, pois son contactos que deben cumprir a corentena como establece o protocolo sanitario. Os mariñeiros positivos teñen síntomas leves ou son asintomáticos.

1 COMMENT

  1. A ver, podialle decir alguen a Nuñez F. que non abra a boca?,
    O 5 de xullo di que semella todo controlado e hai 21 PCR positivas ese día e 17 o seguinte.
    Hoxe di que estamos controlados (pero non se controlara xa?) e saen 8 positivos do barco, un visionario abofé !

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here