IniciosociedadeConsulta as once medidas adoptadas por Goberno e Comunidades para conter o...

Consulta as once medidas adoptadas por Goberno e Comunidades para conter o espallamento do coronavirus

O peche dos locais de lecer nocturno, a limitación do horario nocturno de bares e restaurantes ou a prohibición de fumar na rúa se non media distancia son algunhas das disposicións

Publicada o

EFE. O Ministerio de Sanidade, co consenso de todas as Comunidades, recorreu por primeira vez ás actuacións coordinadas para decretar este venres once medidas de obrigado cumprimento en todo o territorio estatal, xunto con tres recomendacións e un recordatorio. Ditas disposicións afectan a sete ámbitos: o lecer nocturno, a hostalería, os centros sociosanitarios, os eventos multitudinarios, os cribados específicos e o consumo de alcol e tabaco, tal e como especificou o ministro de Sanidade, Salvador Illa.

O ESTADO DE ALARMA, ALTERNATIVA

As medidas coordinadas son un mecanismo contemplado no “Plan de resposta temperá nun escenario de control da pandemia por coronavirus“, aprobado polo Goberno e as comunidades para mediados de xullo, co que se dá un paso máis para frear a expansión do virus cando as adoptadas polas comunidades non son suficientes. Se estas actuacións, que xa decreta Sanidade e non as autonomías, tampouco lograsen frear a transmisión do virus, o seguinte escenario que contempla o plan é o estado de alarma. “Decidimos adoptar por primeira vez en democracia actuacións coordinadas en materia de saúde pública en beneficio de todas as Comunidades Autónomas de España”, unha figura “ex novo” e cuxo cumprimento “non é optativo”, lembrou o ministro antes de detallalas.

LECER NOCTURNO

Adóptase o peche das discotecas, salas de baile e bares de copas con actuacións musicais en directo.

HOSTALERÍA E RESTAURACIÓN

Lémbrase a necesidade de garantir a distancia interpersoal mínima de 1,5 metros en servizos de barras, a distancia entre mesas e unha limitación de dez persoas por mesa, cun horario de peche á 1.00 horas da madrugada, coa imposibilidade de aceptar novos clientes a partir das doce da noite.

CENTROS SOCIOSANITARIOS E RESIDENCIAS DE MAIORES

Será obrigatorio realizar PCR aos novos ingresos cun decalaxe máximo de 72 horas e a empregados que regresen do seu permiso ou período vacacional. Limítanse as visitas a unha por persoa e residente extremando as medidas de prevención e cun máximo dunha hora ao día. Pídese que se gradue a afluencia para evitar aglomeracións, pero poderanse facer excepcións no caso de pacientes que se atopan no proceso final da súa vida. Limítanse ao máximo as saídas dos residentes en centros sociosanitarios.

EVENTOS E ACTIVIDADES MULTITUDINARIAS

É obrigatorio realizar unha avaliación de risco por parte das autoridades sanitarias para cada evento ou actividade.

CRIBADOS CON PCR

Establécese a obriga de facer cribados con PCR, no caso de que haxa un brote epidémico, a aquelas poboacións de risco, como centro sociosanitario, barrios ou bloques de vivendas, entre outras.

CONSUMO DE ALCOL

O botellón está prohibido: ínstase as Comunidades e Concellos a aplicar de maneira estrita as sancións acordadas.

CONSUMO DE TABACO

Prohíbese fumar na vía pública ou espazos ao aire libre cando non se poida respectar o espazo de dous metros. Esta medida esténdese a calquera dispositivo para fumar.

TRES RECOMENDACIÓNS

Por unha banda, limitar os eventos sociais a grupos de convivencia estable; é dicir, todo o que sexa encontros con outras persoas fóra dese grupo estable deben limitarse ao máximo. Ademais, limitar os eventos sociais a un máximo de dez persoas. No tocante ás residencias, facer probas PCR de cribado de forma periódica para asegurar que non houbo ningún traballador que sexa positivo.

RECORDATORIO ÁS COMUNIDADES

Dispoñer de todos os medios e capacidades acordadas no Plan de Resposta Temperá, como as capacidades de detección precoz, de vixilancia e seguimento de casos e de sistema sanitario.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...