Apalabrada a venta dun casal abandoado en Viveiro

A aldea está ubicada preto da Cova da Doncela e da praia vicedense da Abrela

O casal posto á venta. AXM

A inmobiliaria Galician Country Homes, especialista en propiedades rústicas, comprometeu a venta dun casal abandoado no municipio de Viveiro.

A propiedade, de máis de 10.000 metros cadrados, ubicada preto da Cova da Doncela e con vistas á praia vicedense da Abrela, está formada por cinco edificios, con algún de máis de 400 anos. A inmobiliaria estableceu un prezo de saída de 312.000 euros.

Vistas á Abrela. AXM

COMPRADOR HOLANDÉS

Algúns dos edificios están restaurados e inclúen mobles, e outros requerirán de rehabilitación. Encargarase das tarefas o comprador, de orixe holandesa.

PROPIEDADES

Galician Country Homes, que dirixe o empresario británico Mark Adkinson, conta con numerosas propiedades na Mariña, como un pazo en Mondoñedo ou unha casa colonial en Viveiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here