IniciosociedadeO Concello propón unha modificación de crédito duns 280.000 euros para reconstruír...

O Concello propón unha modificación de crédito duns 280.000 euros para reconstruír a grada da Marosa

As actuacións previstas, "demandadas e moi urxentes" segundo o goberno local, contemplan cambiar o valado do perímetro campo de fútbol de herba artificial

Publicada o

- Advertisement -

O goberno local de Burela levará o vindeiro 8 de setembro, a un pleno extraordinario, unha modificación de crédito destinada á reconstrución dunha grada no campo de herba natural da Marosa e ao arranxo dun perímetro de valado que hai no anexo, sintético.

O alcalde, o socialista Alfredo Llano, asegurou que na sesión plenaria extraordinaria do martes “imos tratar dous asuntos. Un deles é unha modificación de crédito para poder realizar dúas obras moi importantes, moi necesarias e moi urxentes no campo de fútbol de herba natural da Marosa. Hai que facer practicamente a reconstrución dunha grada, que está moi deteriorada polo tempo que xa leva construída e pola proximidade do mar que ocasiona un problema de oxidación, polo que está realmente afectada”, aseverou Llano.

“Por outro lado, tamén derivado do mesmo problema de oxidación, un perímetro de valado que hai no campo de herba artificial e que está moi deteriorado vaise substituír. Para estas obras, polo seu carácter urxente para que non se deterioren máis e para ter seguridade nas instalacións deportivas, faise unha modificación de crédito e parte dos cartos van saír da liquidación positiva do ano pasado, do superávit, e outra parte da remanente que temos tamén neste Concello”, expuxo o rexedor burelao.

Alfredo Llano explicou que “estas dúas obras no seu conxunto ascenden a 281.500 euros practicamente, dos cales 242.500 van ser para amañar a grada do campo de fútbol e os outros 39.000 para cambiar o valado do perímetro campo de fútbol de herba artificial”.

O alcalde subliñou que “isto é algo moi solicitado pola xente que vai alí adestrar e vendo os partidos de fútbol, pero ademais temos documentado con informes técnicos que a necesidade é urxente. Por esa razón fixemos esta modificación de crédito”, que considera “completamente xustificada“.

CONTA XERAL

Por outra banda, no pleno abordarase unha cuestión relativa á Conta Xeral. “Imos iniciar os trámites que marca a normativa para posteriormente aprobala nun pleno máis adiante”, concreta. A sesión plenaria celebrarase telematicamente o próximo martes, día 8 de setembro, ás 20.00 horas.

45 PETICIÓNS CURSADAS PARA AS AXUDAS AOS NEGOCIOS

Por outra banda, Llano tamén falou das axudas establecidas para os negocios afectados polo peche ocasionado polo covid-19: “hoxe estamos a 4 de setembro e tendo comezado practicamente o día 1 o prazo de solicitude de axudas derivadas do Covid-19 temos 45 peticións xa cursadas. Hai prazo ata o 17 deste mes e por tanto aquelas persoas, entidades ou autónomos que queiran solicitalas aínda están a tempo”, finalizou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...