IniciosociedadeLlano confía en que Costas dea luz verde á nova depuradora e...

Llano confía en que Costas dea luz verde á nova depuradora e ao criadoiro de salmóns

O alcalde de Burela reuniuse en Lugo co responsable do ente estatal

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, reuniuse en Lugo con responsables de Costas e de Portos de Galicia, cos que falou da EDAR e da empresa de produción de salmón que desexa instalarse na zona do Berbés. O rexedor solicitou ao Goberno autonómico a xestión compartida de dúas rotondas: a do acceso a Burela chegando desde Foz e á que se atopa no propio espazo portuario.

O alcalde dixo que “estiven falando co responsable provincial de Costas, basicamente de dous temas. Un deles é a EDAR que está pendente de construír na zona do porto. Abordamos as afectacións que pode ter e penso que está todo ben, xa fixeron a solicitude desde Augas de Galicia e por tanto non hai problema por parte de Costas para favorecer que se instale a depuradora no porto porque hai unha necesidade clara de volver a retomar este tema”, salientou.

OBRA COMPLEMENTARIA

Llano explicou que “hai dous proxectos: un deles é para a EDAR propiamente dita, onde se fai o tratamento dos residuos que chegan alí; e outro é para a obra complementaria que fai falta, onde vai o emisario e outras actuacións para decantar e evitar que existan inundacións cando chove moito. Estas obras son moi importantes e necesarias e van ser moi complexas, sobre todo a complementaria porque leva unha serie de tubaxes dun diámetro moi grande e por tanto vai ser complicada a súa colocación. Pero é unha obra moi necesaria, que hai que pensar en acometela e nada máis”, concluíu.

CRIADOIRO DE SALMÓN

O alcalde sinalou que “estivemos falando tamén da empresa que vai dedicarse á produción de salmón e que pretende instalarse na zona do Berbés. Abordamos a afectación que pode ter de Costas, sobre todo no referido á emisión de residuos. Penso que non vai haber problema dado que, segundo falamos hoxe, este tipo de empresas practicamente non contaminan, aínda que teñen que instalar un emisario a certa distancia. Eu penso que tal e como están as circunstancias agora mesmo Costas está para favorecer a instalación tanto da nova EDAR como desta empresa produtora de salmóns”, argumentou.

Alfredo Llano engadiu que “tamén acordamos que se arranxe a escollera da Marosa, na zona máis perigosa da praia, onde se vai poñer unha sinalización para avisar aos que pretendan nadar nesa zona do perigo que pode existir”.

QUERE A CESIÓN DAS ROTONDAS DO PORTO E DE ACCESO DESDE FOZ

O alcalde tamén se reuniu nesta xornada en Lugo con responsables de Portos: “estivemos falando de rotondas. Unha delas é a primeira que hai vindo de Foz, que nós queremos xestionar para tela adecuada e darlle importancia á entrada a Burela con singularidade. Queremos tela perfecta para que os visitantes poidan notar que chegan a un pobo que está atendido e coidado. Non hai ningún problema por parte de Portos e imos facer un convenio de xestión compartida, que vou intentar que sexa o antes posible para poder facer o amaño da rotonda canto antes. Polo tanto vou solicitar unha entrevista e farei unha visita a Santiago para falar deste tema”, indicou.

Alfredo Llano seguiu a relatar que “tamén estivemos falando dos espazos que a xente de Burela quere utilizar para pescar no porto. E sobre este asunto agora mesmo estase traballando en Santiago para resolver este tema, non soamente para Burela senón de forma global, coa intención de habilitar unha serie de espazos para que se poida pescar no porto dunha forma normalizada, regulamentada e con seguridade”.

FIBRA ÓPTICA EN VISTA ALEGRE

Llano subliñou que “queremos favorecer as comunicacións en dous espazos que nos parecen interesantes. Por tanto queremos que se instale fibra óptica neses dous lugares: un deles é o pavillón polideportivo Vista Alegre porque alí esta tempada o club Burela Fútbol Sala intentará emitir por televisión o máximo de partidos posible porque agora poden acudir ao pavillón poucos espectadores pola redución de aforo debido á pandemia de Covid-19. Para que sexa unha emisión de calidade evidentemente teñen que ter tecnoloxía. Xa se falou coa empresa para ir estudando a posibilidade de instalar rapidamente fibra óptica tanto no pavillón Vista Alegre como na nave de redes, do que falei en Portos.

“Na nave de redes celébrase Expomar e polo tanto é moi necesaria a boa comunicación e a fluidez de datos alí por moitas razóns, tanto empresariais como de información. E Portos di que favorecerá, se é necesario, a súa instalación dado que xa ten canalizacións postas”, zanxou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...