Baixa o ritmo de contaxio na provincia: oito positivos e 21 altas en 24 horas

O Hospital da Mariña segue sen recibir pacientes Covid-19; tampouco se localizaron máis contaxios nos centros educativos nin nas residencias da bisbarra

Proba de Covid-19. EFE

O número de casos activos de coronavirus continúa en descenso: son 539, 13 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 21 altas, polo que o número de positivos novos no mesmo período é de oito.

Dos 539 contaxiados, 40 permanecen ingresados. Trinta e seis están no HULA, cinco deles na Uci -os únicos pacientes da área sanitaria lucense que precisan de coidados intensivos-, e catro no Polusa. O Hospital da Mariña e o centro hospitalario de Monforte de Lemos non teñen neste momento ningún paciente hospitalizado por Covid-19. Un total de 499 doentes pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 88 falecementos, 2.500 altas e 3.127 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

57 Residencia O Incio (O Incio)

132 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)

1 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

35 Residencia O Incio (O Incio)

24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

CENTROS EDUCATIVOS

No tocante aos centros educativos, na Mariña danse tres positivos; no Ceip O Cantel, no Ceip Fondo Nois, ambos en Foz, e no CPR Sagrado Corazón de Ribadeo. Podes consultar os datos do resto da provincia e de Galicia neste pdf. 20200929DatosEscolasInfantisCentrosEducativos

4.297 CASOS EN GALICIA, 56 MENOS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.297 (56 menos ca onte); deles 977 son da área da Coruña, 539 da de Lugo, 756 da de Ourense, 793 da de Pontevedra, 510 da área de Vigo, 572 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en Uci, 212 en unidades de hospitalización e 4.057 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 18.744 persoas curadas, rexistrándose 736 falecementos. O número de PCR realizadas é de 474.033.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here