IniciosociedadeA asociación de familiares de doentes de Alzhéimer de Viveiro recibirá en...

A asociación de familiares de doentes de Alzhéimer de Viveiro recibirá en cesión a antiga casa de Calvo Sotelo

A proposta debaterase no vindeiro pleno, a fin de que o colectivo, que realiza tarefas de asesoramento e apoio aos coidadores e enfermos, poida atender a máis usuarios

Publicada o

- Advertisement -

O grupo de goberno do Concello de Viveiro anunciou que ten previsto levar ao pleno de novembro a proposta da alcaldesa, María Loureiro, para ceder á Asociación de familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias (AFA Viveiro) o uso do inmoble de titularidade municipal ubicado na rúa Irmáns Vilar Ponte, 23, segundo a solicitude e documentación presentada ao efecto pola asociación.

O CONCELLO SINALA QUE REALIZOU “TODOS OS TRÁMITES NECESARIOS” PARA A APROBACIÓN DO EXPEDIENTE

O executivo municipal asegura que realizou “todos os trámites necesarios” e que neste momento, “o expediente atópase no trámite de información pública, previo á adopción do correspondente acordo plenario de cesión de uso”.

O Concello viveirense explica que “AFA Viveiro mantivo xuntanzas cos representantes de todos os grupos da corporación conseguindo o seu apoio de cara ao acordo de cesión dun local de titularidade municipal no que desenvolver a súa actividade, consistente en información e asesoramento á poboación en xeral, apoio ao coidador e apoio á persoa enferma“.

“Dende o equipo de goberno sempre se prestou o seu apoio e colaboración con esta asociación, que vén desenvolvemento unha gran labor co fin de mellorar a calidade de vida dos doentes e dos seus familiares, mediante a cesión de uso das instalacións utilizadas actualmente nos Claustros de San Francisco; no seu momento, coa posta a disposición de persoal ou, actualmente, coa concesión dunha subvención nominativa”, salienta o goberno municipal.

Con este cambio de ubicación, AFA Viveiro “quere desenvolver un importante proxecto de futuro, dando servizo a máis usuarios e ampliando a súa capacidade, nunhas instalacións máis adaptadas ás súas necesidades”, indica o goberno municipal.

O BNG CONGRATÚLASE PORQUE SE LEVE A DEBATE UNHA SOLICITUDE “FORMULADA NO 2019”

O BNG de Viveiro felicitouse porque se leve a pleno esta proposta e lembra que en decembro do 2019 “solicitabamos ao goberno municipal estudar a viabilidade dun proxecto de rehabilitación e acondicionamento do edificio Calvo Sotelo, para darlle uso como Centro de Día dirixido a persoas con Alzhéimer e/ou outras demencias, así como a súa cesión a AFA”.

Os nacionalistas precisan que AFA “é unha entidade prestadora de servizos sen ánimo de lucro, declarada de interese público con fins sociais e de interese xeral para o municipio, polo que cumpriría os requisitos estabelecidos para a tramitación da cesión da antiga casa de Calvo Sotelo. Esta edificación xa contou no seu día con fondos da Deputación de Lugo (150.000 euros) que permitiron rehabilitar toda a súa fachada e teito deixando o interior diáfono”, remarcan.

Míriam Bermúdez, a concelleira nacionalista, salientou con todo que “este problema de espazo é a punta do iceberg da demoledora política de recortes e privatizacións do PP da Xunta de Galicia, en materia de prestación de servizos sociosanitarios, o que fixo que a responsabilidade e todo o peso do coidado dos enfermos este a recae íntegramente nos seus familiares no canto de recaer nas Administracións públicas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...