IniciosociedadeViveiro suma entre 7 e 14 contaxios, un entre o persoal de...

Viveiro suma entre 7 e 14 contaxios, un entre o persoal de DomusVi

O número de casos activos na provincia baixa a 467; 30 dos pacientes están ingresados, entre eles un no Hospital Público da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus baixa a 467, oito menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 16 positivos novos e o municipio de Viveiro pasou a estar en alerta de nivel 1, con entre 7 e 14 contaxios nos últimos sete días -a Consellería de Sanidade segue sen dar cifras concello por concello-.

Dos 467 lucenses contaxiados, 30 permanecen ingresados. Deste total, 27 pacientes permanecen no HULA, entre eles os seis doentes da área sanitaria que precisan coidados intensivos. O Hospital Público da Mariña atende unha persoa infectada de Covid-19, ao igual que o centro hospitalario de Monforte e o Polusa, privado.

No histórico da provincia documéntanse 91 falecementos, 2.916 altas e 3.474 contaxiados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, localizouse nas últimas 24 horas un caso entre o persoal do xeriátrico DomusVi de Viveiro, segundo confirma a Consellería de Política Social.

MAIORES

1 Residencia O Incio

129 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

11 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia DomusVi Viveiro

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

Mapa de alerta da Consellería de Sanidade. AXM

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da Mariña non se documentan casos de Covid-19, segundo o reconto da Consellería de Educación, que podes consultar neste pdf. 20201015DatosEscolasInfantisCentrosEducativos

803 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.569 (32 menos), deles 770 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 1.592 da de Ourense, 419 da de Pontevedra, 534 da área de Vigo, 639 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.

Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Val de Monterrei —muller, 88 anos, patoloxías previas—.

Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 4.304 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.550 persoas curadas, rexistrándose 803 falecementos. O número de PCR realizadas é de 566.061.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...