InicioEconomíaO comercio de Ribadeo ve "inxusto" que a Xunta aplique o nivel...

O comercio de Ribadeo ve “inxusto” que a Xunta aplique o nivel 2 na Mariña: “suporá un prexuízo enorme”

Acisa afirma que "non se ten a mesma vara de medir" cando se trasladan as restriccións a unha comarca que foi pechada por brotes e que agora "está practicamente libre de Covid-19"

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) considera “inxusto” que tanto Ribadeo como a comarca da Mariña se vaian atopar desde a próxima media noite nun nivel 2; “é dicir, non mesmo que cidades, barrios ou municipios que levan confinados perimetralmente varias semanas por ter unha alta incidencia de contaxios por covid-19“, lamenta a agrupación.

O vicepresidente da Acisa, Roberto Rivas, entende que se trata “dun prexuízo enorme para o sector hostaleiro e comercial de Ribadeo e da Mariña esta medida. Bares e restaurantes dunha zona como a nosa, practicamente libre de coronavirus neste momento, vemos como se reduce de novo o aforo nos nosos locais e vemos que non podemos servir nas barras. Estamos no outono, hai días nos que é normal que chova, e iso implica que as terrazas non se poidan utilizar. Como imos subsistir?”, pregunta.

COMERCIO LOCAL E HOSTALERÍA “ESTÁN SEMPRE NO OLLO DO FURACÁN”

Rivas lembra que “na Mariña fomos a experiencia piloto de Galicia ao realizar un confinamiento da comarca, con restriccións da mobilidade a principios do verán. O dano causado entón foi enorme. Pero nese momento había brotes de Covid-19 en varias localidades. Agora aquí estamos ben, pero somos sometidos ás mesmas medidas que o resto de Galicia. En Acisa, o comercio e a hostelería, non o entendemos e non o compartimos esta medida. A vara de medir non pode utilizarse deste xeito”, protesta o colectivo.

Ou vicepresidente da asociación ribadense manifesta que “cada vez é máis complicado entender os criterios das autoridades sanitarias e competentes. Hai deportes que poden contar con público outros que non; o sector da cultura volve ao traballo aos poucos? hai actividades que se van recuperando, pero parece que hostalería e comercio estamos sempre no ollo do furacán“, critica.

RECLAMAN QUE SE ESPECIFIQUE A DURACIÓN DAS NORMAS

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, sinala que “é esencial saber canto durarán estas novas normas. Xa hoxe recibimos chamadas desesperadas de moitos negocios que non saben que facer, si pechar, irse se ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (Erte) pois non saben o que durará esta situación nova, poden ser 14 días ou dous meses. Os empresarios teñen que saber a que aterse, hai que facer fronte aos gastos de luz e auga, aos provedores, aos impostos, aos soldos. Que facemos cos empregados? Son moitas preguntas sen resposta. A incerteza é mala compañeira de viaxe”, analiza.

Pola súa banda, xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinala que “de pouco serve limitar o servizo da hostelería regulada e segura cando se están producindo festas en pisos con máis de 10 e de 15 persoas; cando está habendo grupos de adolescentes e non tan adolescentes en diferentes zonas de Ribadeo e da comarca, onde casualmente ao día seguinte aparecen botellas e restos deses encontros. Ou sabemos que se producen tamén reunións de decenas de coches a altas horas da madrugada no aparcamento da zona comercial exterior de Ribadeo. Entendemos que quizais no canto de poñer máis nomas é bo facer cumprir as que hai. O lecer nocturno está moi tocado e non pode traballar practicamente”, lembra.

“Todos ou a maioría acatamos as normas, como debe ser, e logo resulta que as autoridades sanitarias din que os contaxios prodúcense nas reunións familiares e nas festas ilegais. Pois actuemos aí e non indo sempre na mesma dirección, que é contra a hostelería e contra o comercio. Cantas persoas se contaxian indo de compras? Cantas se contaxian saíndo a comer ou a cear a un restaurante? Xa está ben”, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...