IniciosociedadeA provincia roza os 1.000 positivos, con Viveiro e Cervo en alerta...

A provincia roza os 1.000 positivos, con Viveiro e Cervo en alerta vermella

O Hospital da Costa atende catro pacientes infectados; na área de Lugo, A Mariña e Monforte confirmáronse 112 casos novos en 24 horas

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro entrou este domingo en alerta vermella pola incidencia de casos de Covid-19 no municipio, segundo reflicte o reconto do Servizo Galego de Saúde (Sergas). No concello viveirense documéntanse, de acordo co mapa da Consellería de Sanidade, máis de 21 casos novos nos últimos sete días, ao igual que ocorre con Cervo.

No concello cervense localizáronse alomenos 33 contaxios na residencia de maiores de San Cibrao, 25 de usuarios e oito de traballadores.

BURELA, EN ALERTA 2; FOZ, EN NIVEL 1

Burela, pola súa banda, segue en alerta 2, con entre 14 e 21 infectados confirmados na última semana, mentres que en Foz permanece en nivel 1, con entre 7 e 14 casos.

O número de positivos activos na provincia de Lugo ascende a 986, 92 máis ca onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 112 novos casos por PCR.

En concreto, o Concello de Viveiro informou á veciñanza que, segundo os datos comunicados ao grupo de goberno hai uns minutos e á espera de novas probas, hai 36 afectados por Covid-19 no municipio. Non hai ninguna medida restritiva nova por parte da Xunta e o goberno local, seguen vixentes as que xa estaban en marcha.
Na residencia de maiores DomusVi, onde se está á espera de novas probas, hai polo momento tres casos, correspondentes a dúas coidadoras e un residente, que “está asintomático”, concreta o goberno local
“Como xa informamos o venres, considérase que non hai ningún novo gromo en Viveiro, polo que o concello quere transmitir á veciñanza unha mensaxe de tranquilidade, pero facendo tamén un chamamento á responsabilidade”, expuxo o executivo municipal.

877 PCR NUN DÍA

Dos 986 contaxiados, 37 permanecen ingresados. Vinte e seis deles son atendidos no HULA, entre eles os catro da área lucense que requiren de coidados intensivos. O Hospital da Mariña atende catro pacientes Covid-19, mentres que o centro hospitalario de Monforte ten sete doentes infectados.

No histórico da provincia, o número de falecidos é de 96, déronse 3.347 altas e houbo 4.428 positivos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 80.056 PCR, 877 máis ca onte.

GALICIA REBASA OS 9.000 CASOS

En Galicia, o número de positivos ascende a 9.119, 357 máis ca onte. Tamén neste sentido disparáronse en Ferrol, que conta con 930 pacientes de Covid-19 (+123), e A Coruña, con 1.541 (+104).

En Vigo, superaron os 2.000 ata colocarse en 2.020 (+96) casos activos; en Lugo rozan o milleiro con 986 (+92); e en Pontevedra tamén, con 994 (+76).

Mentres tanto, a área sanitaria de Ourense anotou un descenso de 121 pacientes de coronavirus, ata situarse nos 1.276 en total, á vez que en Santiago baixaron en 22, ata os 1.372.

O número de falecidos é de 914, con 27.330 altas e 37.362 contaxiados. No histórico da pandemia fixéronse 692.643 PCR.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...