A “gran colleita” de Faba Verdina brillará esta fin de semana nas tapas da hostalería de Mondoñedo

Once locais participan na segunda edición das xornadas de exaltación da leguminosa

Presentación das xornadas. AXM

O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina de Galicia presentaron nun acto celebrado no salón de plenos do consistorio a segunda edición das Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina, que terán lugar os días 20, 21 e 22 de novembro.

Nelas participan un total de once locais de hostalería da localidade. A faba verdina voltará a ser a protagonista das tapas servidas en Mondoñedo, de xeito que o público poida desfrutar deste alimento “gourmet” e comprobar a súa versatilidade na cociña.

Os locais participantes son: Bar Amencer, A Bodeguiña, Bar Castro, Bodegón da Catedral, A Cova, Restaurante Padornelo, O Petisco, O Porriño, O Rincón, Viñoteca Segundo (Centro Social) e A Tasca.

“UN ANO DECISIVO”

Segundo exponen desde a agrupación, “este ano está resultando decisivo para o proxecto, cunha colleita de gran calidade e a consecución definitiva da marca Faba Verdina de Galicia, que distinguirá e certificará a orixe galega desta legume no mercado.

No mesmo acto presentouse o Receitario de Verdina que recolle os pratos elaborados polos restaurantes e bares de Mondoñedo na edición 2019 das xornadas, nunha edición que ten como obxetivo “animar ó consumo de verdina” e que se suma ao resto de accións de promoción postas en marcha en torno ao distintivo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here