IniciosociedadeOs positivos baixan de 53 a 28 en Viveiro nun prazo de...

Os positivos baixan de 53 a 28 en Viveiro nun prazo de oito días

Nos restantes concellos mariñaos non hai cambios significativos na situación epidemiolóxica; o Hospital da Mariña atende oito dos 48 ingresados con Covid-19 da provincia

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo é de 1.114, 25 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 56 positivos novos por PCR.

Dos 1.114 contaxiados, 48 permanecen ingresados, dous menos ca onte. O Hospital Público da Mariña atende oito pacientes con Covid-19, por 33 o HULA -entre eles os sete da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos– e sete o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 117 falecementos, 4.655 altas e 5.889 casos acumulados. Fixéronse 97.239 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse un total de 626 probas, cun porcentaxe de positivos do 8,94%.

No tocante á situación epidemiolóxica, en Viveiro localizáronse 22 positivos novos nas últimas dúas semanas, para un total de 28, segundo confirmou o Concello. As cifras son positivas, dado que o pasado 20 de novembro había no termo municipal 35 infectados e o pasado día 14 un total de 53. A incidencia da Covid-19 para unha proxección a 100.000 habitantes queda así unha cifra menor ou igual aos 150 contaxios por 100.000 residentes.

En Burela, nos últimos 14 días confirmáronse 36 novos contaxios -tres menos ca na cifra de referencia de onte-, o que mantén a taxa acumulada por riba dos 250 positivos por 100.000 habitantes. Na mesma situación están Cervo, con 14 infeccións en 14 días, e Xove, con 11 probas PCR ou de antíxenos positivas nese mesmo prazo.

Foz mantén tamén o número de 23 contaxios novos nas últimas dúas semanas, estando a taxa de incidencia por debaixo dos 250 casos por 100.000 habitantes. Mellor está a situación en Ribadeo, con 11 positivos nos últimos 14 días e menos de 150 positivos por 100.000 residentes.

En Ourol, O Vicedo e Riotorto seguen sen detectarse casos nas últimas datas, mentres que os positivos no ValadouroAlfozMondoñedo, LourenzáBarreiros e Trabada están “entre un e 9” nos últimos 14 días.

GALICIA

No tocante a Galicia, caen os contaxios novos nun centenar ata os 457 e A Coruña vólvese o foco principal. Le a información completa no Galicia Confidencial.

RESIDENCIAS

MAIORES

29 Residencia San Cibrao (Cervo)

8 Vivenda Comunitaria Remaso de Paz (A Fonsagrada)

10 Residencia San Salvador (Guntín)

2 Residencia DomusVi Monforte

2 Residencia de Monforte

117 Residencia Asilo Vilalba

2 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)

18 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

TRABALLADORES

3 Residencia DomusVi Chantada

10 Residencia San Cibrao (Cervo)

5 Residencia San Salvador (Guntín)

1 Residencia A Veiga (Láncara)

1 Residencia Albertia Lugo

2 Residencia de As Gándaras (Lugo)
2 Residencia San Rafael (Mondoñedo)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
1 Residencia Meu Fogar (Taboada)

1 Residencia Concello de Trabada

19 Residencia Asilo de Vilalba

1 Residencia Domusvi Bóveda (discapacidade)
1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo) (discapacidade)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...