Dous positivos novos en centros educativos de Foz e dúas altas, en Covas e Xove

O número de casos activos de Covid-19 en escolas, colexios e institutos da Mariña mantense en 17

Ceip O Cantel. PÁXINAS GALEGAS

O número de casos activos de coronavirus nos centros educativos da Mariña Lucense mantense en 17, un menos ca na anterior actualización. Documentáronse novos positivos en Foz, na escola infantil e no Ceip O Cantel, mentres que houbo altas no Ceip de Covas e no Ceip Caselles Rollán de Xove.

Podes consultar os positivos confirmados na estatística do Sergas:

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

FOZ E.I de Foz 2 1 0 (un máis)

RIBADEO E. I. Nosa Señora do Campo 2 1 0

BARREIROS CEIP San Miguel de Reinante Barreiros 1 0 0

BURELA IES Monte Castelo 2 0 0
BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP Península da Paz 1 0 0

FOZ CEIP Fondo Nois 1 0 0
FOZ CEIP O Cantel 2 0 0 (un máis)
FOZ CEIP Plurilingüe de Foz nº 1 1 0 0
FOZ CPR Plurilingüe Martínez Otero 1 0 0
FOZ IES de Foz 2 0 0

LOURENZÁ CEIP Juan Rey 1 0 0

RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0

VIVEIRO EEI San Roque 1 0 0

(alta no Ceip de Covas)

(alta no Ceip Caselles Rollán)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here