O Galp involucrará ás empresas na promoción da Ruta dos Faros

O organismo celebrará o vindeiro luns unha xornada técnica que servirá para facer ao persoal dos negocios prescriptor do itinerario

Faro de Punta Atalaia, en San Cibrao. AXM

O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (Galp) A MariñaOrtegal impulsará o vindeiro luns unha xornada adicada a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta dos Faros.

As empresas mariñás están convidadas a participar do Fam Trip para que o seu persoal se convirta en prescriptor deste itinerario.

VISITAS

O percorrido visitará os espazos máis importantes da ruta, como a Estaca de Bares ou o Barco Museo Reina del Carmen, coa intención de identificar estes recursos nos 14 concellos vencellados a este organismo.

XORNADA TÉCNICA

A actividade tamén incluirá unha xornada de traballo específica, que se celebrará no Hotel Las Sirenas, na que se explicará con maior grao de detalle os contidos da Ruta dos Faros.

INSCRICIÓN

Os interesados en participar poden inscribirse no seguinte enlace. As persoas participantes poderán facer uso do transporte público específico.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here