As xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo incluirán unha degustación de sidra

Vinte locais de hostalería participarán na cita, que impulsará a Acisa do 2 ao 4 de novembro

Presentación das xornadas. AXM

Un total de 20 bares e restaurantes participarán nas xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo, que se celebrarán os días 2, 3 e 4 de novembro.

O evento pretende apoiar a hostelería durante a ponte festiva de novembro e tamén agradecer a fidelidade do turismo asturiano no municipio ribadense ao longo dos anos.

Os locais participantes ofrecerán tapas, racións e menús especiais con receitas da cociña asturiana. Ademais, durante a fin de semana haberá -novidade desta edición- unha degustación de sidra no parque de San Francisco, a cargo de Solleiro.

Participarán nas xornadas os seguintes negocios: O Tumbín, O Lar de Manolo, O Indiano, A Dorada, Galipizza, Prohibido, La Lira, Porta Norte, Cayo Coco, La Brisa, Rosalar, Náutico, Maloserá, Bar Galicia, El Rincón del Gordo, La Solana, La Cantina, Queimada e Cienfuegos.

ACTUACIÓNS MUSICAIS

Tamén haberá actuacións musicais. O programa cultural comeza o venres, ás 21.00 horas, co concerto de Ilustres Patilludos na praza José María López. O sábado, á mesma hora na Praza de Abastos, será a quenda de L-R.

O días 2 e 3 ao mediodía haberá pasarrúas, a cargo de Os Paporrubios e Los Gascones.

Impulsa a iniciativa a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa). Na presentación das xornadas participaron o xerente da agrupación, Jesús Pérez, e os directivos Roberto Rivas e Carmen Cruzado.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here