Burela suma 14 casos nos últimos 14 días; oito concellos da Mariña seguen libres de Covid-19

O Hospital da Costa atende tres pacientes infectados, un menos ca na anterior actualización

Hospital Público da Mariña. CIG

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 470, 16 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas documentáronse 10 positivos novos.

Dos 470 contaxiados, 26 permanecen ingresados. O Hospital da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, por 18 o HULA -entre eles os seis da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos– e cinco o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 140 falecementos –o máis recente, onte, o dun septuaxenario ingresado no HULA-, 6.041 altas e 6.652 casos acumulados. Fixéronse 113.810 PCR, o que implica que na última xornada efectuáronse un total de 795 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipio, Burela conta 14 positivos confirmados nos últimos 14 días. É o único concello da comarca no que se localizaron dez ou máis casos novos nas últimas dúas semanas. O Vicedo, Ourol, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Barreiros e Riotorto seguen libres de Covid-19.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here