IniciosociedadeA Xunta inclúe a Viveiro e Burela entre os municipios cunha "vixilancia...

A Xunta inclúe a Viveiro e Burela entre os municipios cunha “vixilancia especial”

Nestes concellos non se ampliarán as restricións en vigor, pero analizarase a situación epidemiolóxica coa posibilidade de reforzar as medidas para atallar a Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia, trala reunión do comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da Covid-19 , vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que o concello de Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións.

Así mesmo, dediciu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Igualmente, o concello de Moaña descende ao nivel medio de restricións.

Ademais do antedito, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha “vixilancia especial” en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.

Nestas zonas non se aplicarán polo de agora máis restricións das que están en vigor. En municipios como o de Tui, que estivo baixo vixilancia a principios do mes de decembro, a Xunta realizou un cribado masivo para comprobar a situación epidemiolóxica e detectar asintomáticos. Finalmente, días despois aplicaronse medidas máis restritivas no municipio tudense, relaxándose hoxe.

En Viveiro confirmáronse 44 positivos novos nos últimos 14 días, mentres que en Burela foron 16 os contaxios nese mesmo período.

O MARTES INFORMARASE SOBRE O PLAN DE NADAL

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG) de mañá martes e entrarán en vigor ás 00.00 horas do mércores. Mañá martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan de Nadal para Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...