Viveiro documenta 40 positivos novos en 14 días, mentres que Burela conta 16 e Xove 15

O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, cifra que non varía

Hospital da Mariña. AXM

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixan a 360, nove menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse 14 positivos novos por PCR.

Dos 360 contaxiados, 20 permanecen ingresados (sen variacións). O Hospital Público da Mariña atende tres pacientes con Covid-19, por 14 o HULA -entre eles os catro doentes da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e un o centro hospitalario de Monforte.

No histórico da provincia documéntanse 143 falecementos, 6.310 altas e 6.815 casos acumulados, con 118.742 PCR realizadas -o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 318 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro documenta 40 positivos novos nos últimos 14 días (catro menos ca onte), mentres que Burela conta 16 contaxios nas últimas dúas semanas e Xove 15 (dous máis ca na anterior actualización). O resto dos municipios da Mariña están por debaixo da barreira dos dez contaxios nese mesmo período.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here