IniciosociedadeContaxiadas dúas persoas tras recibir a vacina da Covid-19 no centro de...

Contaxiadas dúas persoas tras recibir a vacina da Covid-19 no centro de maiores de Burela

Son un usuario e unha traballadora, ingresada no Hospital; antes da vacina xa se lle fixera test de saliva e PCR

Publicada o

- Advertisement -

Unha traballadora e un usuario da residencia da terceira idade de Burela deron positivo en coronavirus unha semana despois de recibir a primeira dose da vacina de Pfizer no propio centro.

A traballadora permanece ingresada en planta no Hospital Público da Mariña. Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade explicaron que dous días antes de fornecer a vacina neste centro o pasado día 29 de decembro, practicáronselle test de saliva e PCR tanto aos usuarios como aos traballadores deste centro e todos deron negativo.

Así mesmo, estas fontes sinalan que a traballadora puido contaxiarse no seu ámbito familiar e descartan que o seu caso se trate de efectos adversos producidos pola vacina.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...