(GALERÍA) Con distancia persoal e videoconferencias, os Reis Magos seguen preto das crianzas da Mariña

Melchor, Gaspar e Baltasar atenderon as peticións dos pícaros nas horas previas á noite máxica

Visita dos Reis Magos a San Cibrao. AXM

A pandemia do coronavirus alterou moitas das nosas actividades diarias, tamén algunhas das nosas tradicións e obrigou a suspender a maioría das nosas festas e romerías. Pero este 6 de xaneiro a maxia volverá aos fogares da Mariña Lucense, xa que os Reis Magos cumprirán un ano máis co seu cometido.

Por videoconferencia, como en Viveiro, desde o balcón do consistorio, como en Burela, ou cunha distancia de dous metros, como en Cervo, San Cibrao, Foz ou Lourenzá, entre outros municipios da comarca, as súas Maxestades de Oriente atenderon as peticións dos pequenos, que durmirán coa ilusión de abrir os regalos.

En Viveiro esgotáronse as prazas para as videochamadas organizadas pola concellería de Cultura. En Ribadeo, Melchor, Gaspar e Baltasar pronunciaron unha mensaxe e posteriormente desprazáronse ao parque de San Francisco.

Foz. AXM
Os Reis, en Lourenzá. AXM
Burela. FACEBOOK

O mesmo ocorreu en Barreiros.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here