Xove e Viveiro acumulan 200 positivos novos nas últimas dúas semanas

Continúa o aumento de casos de Covid-19 nos dous municipios pechados perimetralmente; o Hospital da Mariña atende dez pacientes contaxiados

Viveiro. CONCELLO DE VIVEIRO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue en aumento. Son 626, sete máis ca na anterior actualización. Nas últimas 24 horas confirmáronse 34 positivos novos por PCR, segundo o reconto ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Dos 626 contaxiados, 17 permanecen ingresados (dous menos). O Hospital Público da Mariña atende dez pacientes con Covid-19, por cinco o HULA e dous o centro hospitalario de Monforte. Non hai doentes positivos nas unidades de coidados intensivos da área sanitaria.

No histórico da provincia documéntanse 146 falecementos, 6.728 altas e 7.502 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 131.040 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 535 probas.

BURELA CONTA 38 INFECCIÓNS NOS ÚLTIMOS 14 DÍAS

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Xove acumula 101 casos activos confirmados (dous máis) nas últimas dúas semanas, por 99 Viveiro (dez máis). Os dous municipios permanecen pechados perimetralmente, e o Sergas realizará o domingo un cribado masivo no municipio viveirense.

Burela suma 38 positivos detectados nos últimos 14 días (un menos), por 24 Ribadeo (un menos) e doce Cervo (sen variacións). Foz baixa dos dez contaxios localizados nese mesmo prazo. Lourenzá e Barreiros son os únicos municipios da Mariña libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, o Sergas informou este venres de dous novos positivos de usuarios no xeriátrico San Bartolomeu de Xove, onde se produciu a alta dun residente, así como doutro contaxio entre o persoal do centro de maiores de Burela. Ademais, a Xunta comunicou unha alta no Hospital Asilo.

MAIORES

1 Residencia de Maiores de Burela

18 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

24 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Residencia de Burela

1 Residencia de Foz

3 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada (a Deputación comunicou que se trata dun falso positivo tras  unha segunda PCR negativa)

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here