Falece no Hospital da Mariña un home de 80 anos que fora diagnosticado de Covid-19

O Sergas comunicou na tarde deste domingo outras catro mortes en Galicia de persoas que resultaran positivas por coronavirus, co que o total ascende a 1.450

Hospital Público da Mariña. AXM

Un home de 80 anos diagnosticado de coronavirus faleceu este domingo no Hospital Público da Mariña, onde permanecía ingresado, segundo comunicaron a última hora desta tarde fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas).

Tamén comunicou outros catro decesos, os de dous varóns de 85 e 61 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), así como tamén un home de 72 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e un home de 74 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP).

Con estes novos cinco falecementos, elévanse a 1.450 as mortes por Covid-19 na comunidade autónoma galega desde o inicio da pandemia, no mes de marzo do pasado ano.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here