Segue o aumento dos positivos en 14 días en Viveiro, 179, á espera dos resultados do cribado

En Xove a situación epidemiolóxica mantense estable, con 101 contaxios en dúas semanas; o Hospital Público da Mariña atende trece pacientes con Covid-19

Paso de peóns nunha rúa de Viveiro. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 810, 32 máis ca na anterior actualización, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 38 positivos novos por PCR.

Dos 778 contaxiados, 27 permanecen ingresados (tres máis). O Hospital da Mariña atende 13 pacientes con Covid-19 (un máis), por dez o HULA -dous máis, entre eles os dous da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos- e catro o centro hospitalario de Monforte (sen variacións).

No histórico da provincia documéntanse 149 falecementos, 6.815 altas e 7.777 contaxios desde o inicio da pandemia. Fixéronse 134.704 PCR, o que implica que nas últimas 24 horas efectuáronse 1.052 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro, á espera dos datos do cribado masivo realizado o pasado domingo, segue a aumentar a incidencia da Covid-19, con 179 positivos novos en 14 días. En Xove, o outro municipio da Mariña pechado perimetralmente, hai estabilidade, cos mesmos contaxios detectados nas últimas dúas semanas (101) comunicados onte.

En Burela, o número de casos confirmados nese mesmo prazo segue a aumentar paseniñamente, cun total de 47 (+2). En Ribadeo cóntanse 21 e en Cervo 18, non habendo máis concellos da comarca por riba das dez infeccións localizadas nese período. Lourenzá é o único municipio da Mariña libre de Covid-19, despois de que se documentaran contaxios en Barreiros.

RESIDENCIAS

MAIORES

3 Residencia de Maiores de Burela

14 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

24 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Residencia de Burela

1 Residencia de Foz

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada (a Deputación confirmou que se trata dun falso positivo)

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here