Viveiro achégase aos 200 casos novos en 14 días e Burela supera os 50 mentres Xove baixa dos cen

O Hospital da Mariña atende catorce dos 32 pacientes ingresados con Covid-19 da área sanitaria

Probas de Covid-19 en Burela. CARLOS CASTRO/EP/GC

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 890, 80 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas confirmáronse un total de 90 casos novos por PCR.

Dos 890 contaxiados, 32 permanecen ingresados (cinco máis ca onte). O Hospital da Mariña atende 14 pacientes con Covid-19 (un máis), por 13 o HULA -tres máis e entre eles os catro da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos, un máis ca onte- e cinco o centro hospitalario de Monforte (un máis).

No histórico da provincia documéntanse 149 falecementos, 6.838 altas e 7.881 contaxios acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse un total de 136.017 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 1.313 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro acumula 193 positivos confirmados nos últimos 14 días (+14), mentres que en Xove diminúen significativamente os contaxios localizados nese mesmo prazo, 82 (-19). Estes dous municipios permanecen pechados perimetralmente desde finais do pasado mes de decembro.

En Burela continúa a alza dos positivos detectados nas últimas dúas semanas; son 52, cinco máis ca na anterior actualización. En Ribadeo confirmáronse 22 contaxios nese mesmo período, por 18 en Cervo. O resto dos municipios da Mariña teñen menos de dez persoas infectadas nos últimos 14 días, sendo Lourenzá o único concello da comarca libre de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

3 Residencia de Maiores de Burela

13 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Apartamentos Tutelados San Bartolomeu de Xove

21 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

1 Residencia de Burela

1 Residencia de Foz

5 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia de Trabada

2 Residencia Domusvi Viveiro

12 Residencia San Bartolomeu (Xove)

CENTROS EDUCATIVOS

CENTRO (POSITIVOS/AULAS PECHADAS/CENTROS PECHADOS)

VIVEIRO E.I Municipal Garabatos 3 0 0

BURELA CEIP Plurilingüe Vista Alegre 3 0 0
BURELA IES Monte Castelo 1 0 0
BURELA IES Perdouro 1 0 0

CERVO CEIP Península da Paz 1 0 0
CERVO IES Marqués de Sargadelos 2 0 0

FOZ IES de Foz 3 0 0

O VICEDO CEIP do Vicedo 1 0 0

RIBADEO CEIP Gregorio Sanz 1 0 0
RIBADEO CIFP Porta da Auga 1 0 0
RIBADEO IES de Ribadeo Dionisio Gamallo 1 0 0

RIOTORTO CEIP Plurilingüe de Riotorto 1 0 0

VIVEIRO CEIP Plurilingüe de Covas 8 0 0
VIVEIRO CPR Plurilingüe Landro 3 0 0
VIVEIRO EOI de Viveiro Luz Pozo Garza 1 0 0
VIVEIRO IES María Sarmiento 7 0 0
VIVEIRO IES Vilar Ponte 8 0 0

XOVE CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán 1 0 0

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here