Comezan as vacinas a traballadores sanitarios na Mariña, uns 250 na primeira xornada

O Sergas prevé que nos vindeiros día se vacinen "uns 2.800 profesionais de primeira liña"

Vacinación no centro de saúde de Mondoñedo. AXM

Este mércores subministráronse as primeiras doses da vacina contra o coronavirus aos traballadores e traballadoras da rede pública sanitaria galega. Segundo concretou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), nesta primera xornada vacinarase uns 600 profesionais na área sanitaria de Lugo, Burela e Monforte, deles uns 250 profesionais na Mariña.

As vacinas subministraranse tanto nos centros hospitalarios como nos servizos de atención primaria, ademais dos do 061, e a intención e que nos vindeiros días se vacinen “uns 2.800 profesionais de primeira liña“. Así o concretou María Jesús Pérez Taboada, directora de Enfermería de Lugo.

A supervisora de Enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva, Mar Castro Murias, recalcou a importancia da vacina para conseguir a “desexada inmunidade de grupo” coa que se protexerá o conxunto da sociedade. Estes son os datos da Covid-19, segundo o reconto deste mércores, na Mariña e na provincia de Lugo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here