Falecen con Covid-19 dúas persoas, usuarias da residencia de Xove e do Asilo de Ribadeo, de 89 e 93 anos

A residente do xeriátrico ribadense fora trasladada a Santiago de Compostela; a Xunta comunicou este venres outras doce defuncións

Residencia de Xove. GOOGLE MAPS

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou a última hora deste venres da morte de 14 persoas diagnosticadas de coronavirus, dúas delas procedentes da Mariña; unha muller de 89 anos na residencia San Bartolomeu de Xove e outra de 93 trasladada ao Cegadi de Santiago de Compostela desde o Hospital Asilo de Ribadeo.

Trátase da cuarta vítima mortal do abrocho na residencia xovense -antes faleceron un maior de 84 anos e dúas usuarias de 87-, e da segunda defunción de persoas procedentes do Hospital Asilo ribadense; antes falecera unha muller de 90 anos, tamén trasladada a Santiago.

Ademais, faleceron outras doce persoas con Covid-19 nas últimas horas. Entre elas, estaban ingresados un home de 96 años, no Hospital Comarcal de Valdeorras; unha muller de 77 años, no Chuac; un home de 64 años, no Chuvi; un home de 69 años, no Chuf; un home de 91 anos, no Chuac; un home de 76 años, no Chus; unha muller de 86 años, no Chuvi, que procedía da Residencia Paz y Bien de Tui; un home de 84 años, no Chuvi, procedente do mesmo xeriátrico.

Nas residencias faleceron unha muller de 97 anos e un home de 78 anos, en Domusvi Vimianzo; unha muller de 92 años, no Cegadi, procedente de Domusvi Ribeira; neste mesmo lugar, e trasladado tamén desde o xeriátrico ribeirense, un home de 78 anos.

1 COMMENT

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here