O Breogán de Lugo levará un pedazo da Mariña na camisola oficial coa que competirá na final da Copa Princesa, unha zamarra que será todo un recoñecemento a Sargadelos.
“Unha homenaxe á historia do noso baloncesto e á memoria cultural e empresarial de Galicia”. Así presentou o equipo de baloncesto a camisola, na que loce o trisquel escollido como logo da marca e tamén o emblemático deseño ‘Monférico‘ de Sargadelos.
O Leite Río Breogán quitou unha edición limitada desta prenda, con cen unidades á venda a un prezo de 50 euros.

A final da Copa Princesa, entre o Breogán e o Alicante, xogarase o venres 22 ás 19.30 horas, no Pazo dos Deportes de Lugo.