Segue pechada a escola infantil de Viveiro cando se notifican 20 novos casos en centros da provincia

Ademais da de Viveiro tamén están pechadas as escolas infantís de Frioal e Taboada.

Escola infantil. AXM

Os centros educativos galegos superaron un día máis o máximo de contaxios rexistrado en todo o curso. Os positivos por COVID-19 nestas instalacións alcanzan xa os 3.725, case un cento máis que o venres e preto de mil máis que hai unha semana. Esta situación obriga a manter pechadas polo menos 184 aulas por decreto da autoridade sanitaria, unhas 24 máis, ademais dun total de sete escolas infantís. Entre elas están o PAI de Friol, o de Taboada e a EI de Viveiro.

Os centros da área de Lugo suman 364 casos, 20 máis, e 12 unidades e tres escolas pechadas.

Un dos datos máis destacados do balance facilitado pola Xunta este sábado é que os centros da área da Coruña superan xa o milleiro de casos activos e suman un total de 1.005, ademais de 44 aulas pechadas. Máis dunha trintena de escolas superan a decena de positivos nas súas instalacións.

 

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here