Segue o alivio dos positivos en Viveiro e Xove, pero aumentan a dous os pacientes na Uci da Mariña

O municipio viveirense ten 134 casos nos últimos 14 días, por 32 de Xove e O Vicedo, 46 de Burela, 28 de Ribadeo, 17 de Cervo e 13 de Foz

Patrulla da Policía Local polas rúas de Viveiro. AXM

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 2.130, un máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). De acordo coa mesma fonte, desde a anterior actualización confirmáronse 92 positivos novos por PCR.

Dos 2.130 contaxiados, 87 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña atende doce pacientes con Covid-19, dous deles na Uci; O HULA 61, entre eles 18 que requiren de coidados intensivos; o centro hospitalario de Monforte acumula trece doentes positivos.

No histórico da provincia documéntanse 172 defuncións, 8.028 altas e 10.337 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 159.793 probas PCR.

No que atinxe á situación epidemiolóxica, en Viveiro documentáronse 134 positivos nos últimos 14 días (doce menos), por 32 en Xove, os mesmos ca no Vicedo.

En Burela confirmáronse 46 positivos nese mesmo prazo, por 17 en Cervo, 13 en Foz, 28 en Ribadeo e once en Riotorto. Nos restantes concellos da Mariña localízanse entre un e nove casos nas últimas dúas semanas, sendo Alfoz o único libre de Covid-19.

Le a información completa a nivel galego no Galicia Confidencial.

RESIDENCIAS

MAIORES

6 Residencia da Pastoriza e apartamentos

1 Residencia DomusVi Monforte

4 Residencia O Incio

2 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

74 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

8 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

14 Residencia da Pastoriza

1 Residencia de Maiores Burela

3 Domusvi Chantada

2 As Gándaras (Lugo)

1 Domusvi Monforte

1 Residencia de Monforte de Lemos

2 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

6 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

1 Residencia de Trabada

2 Residencia Domusvi Viveiro

11 Residencia San Bartolomeu (Xove)

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here