Alerta na Mariña este domingo por fortes ventos

O novo temporal deixará fortes choivas no interior de Pontevedra e na costa oeste da Coruña.

Faro do Cargadeiro na ría de Ribadeo. EFE/ELISEO TRIGO

Meteogalicia activará este domingo varios avisos amarelos por choivas, que caerán con forza na costa oeste e suroeste da provincia da Coruña, así como en municipios do interior da de Pontevedra. Na Mariña o aviso será por fortes ventos.

Segundo o boletín de alertas de Meteogalicia, nestes territorios espéranse precipitacións que deixarán máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

En concreto, o aviso amarelo activarase no litoral oeste e suroeste coruñés ao redor das 12,00 do mediodía, mentres que no interior de Pontevedra permanecerá en vigor desde as 18,00 da tarde e ata as 9,00 da mañá do luns.

En canto ao vento, Meteogalicia activará para este domingo o aviso amarelo por refachos de forza 7 no mar da Costa da Morte e do litoral norte da Coruña entre as 9,00 da mañá e as 15,00 da tarde. Esta situación tamén estará vixente na comarca lucense da Mariña, por ventos de máis de 80 quilómetros por hora, a partir das 18,00 horas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here