IniciosociedadeA Mariña, de novo en alerta laranxa desde a noite do xoves...

A Mariña, de novo en alerta laranxa desde a noite do xoves por ‘Beatriz’

Educación suspende as actividades no exterior dos centros educativos a partir do mediodía

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia activou a alerta laranxa para a noite deste xoves e para o venres nas provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo por temporal costeiro, vento e chuvia, por mor da borrasca ‘Beatriz‘.

Educación suspendeu as actividades no exterior dos colexios a partir das 12.00 horas do venres. En principio, mantense a actividade lectiva e o transporte escolar.

Tamén se suspenderon, por temporal marítimo, as actividades pesqueiras e marisqueiras. A partir desta noite espérase mar combinado con ondas que poderán superar os seis metros.

A alerta laranxa por chuvia activarase ás 9.00 horas do venres. Estímase que poden chegar a acumularse 80 mm en doce horas en zonas como A Coruña ou as Rías Baixas.

VENTOS DE MÁIS DE 100 QM/H

A partir das 12.00 horas dese mesmo día espéranse fortes ventos. O litoral mariñao estará afectado por ventos de 85 quilómetros por hora, e mesmo de máis de 100 na zona noroeste da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...