IniciosociedadeCervo e Trabada súmanse a Lourenzá e Barreiros, os concellos da Mariña...

Cervo e Trabada súmanse a Lourenzá e Barreiros, os concellos da Mariña libres de Covid-19

Lixeira melloría da situación epidemiolóxica en Viveiro, con 27 casos (-1) e Burela, con dez (-1); o Hospital da Costa atende cinco pacientes con Covid-19, todos en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 1.086, 43 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 35 positivos novos por PCR.

Dos 1.086 contaxiados, 78 permanecen ingresados (25 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 53 pacientes Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (cinco, sen variacións), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (35, catro máis) e o centro hospitalario de Monforte (12, dous menos).

No histórico da provincia documéntanse 196 defuncións, 10.094 altas e 11.382 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 178.212 PCR, o que implica que desde a anterior actualización efectuáronse 787 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, en Viveiro segue o descenso dos positivos novos confirmados nos últimos 14 días. Son 27, un menos ca os comunicados onte. En Burela o número de contaxios localizados nas últimas dúas semanas baixa a dez (-1). O resto dos concellos da Mariña teñen entre un e nove casos nese mesmo prazo, agás Lourenzá, Cervo, TrabadaBarreiros, libres de Covid-19.

RESIDENCIAS

MAIORES

1 Residencia O Incio

1 Residencia Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro (Ribadeo)

1 Residencia Nosa Señora do Carme (Sarria)

1 Residencia San Bartolomeu de Xove

TRABALLADORES

4 Residencia da Pastoriza

3 As Gándaras (Lugo)

4 Residencia Nosa Señora do Carme de Sarria

2 Residencia San Bartolomeu (Xove)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...