O BNG lembra que o nome de Pedrosa Latas segue no Barrio do Chao de Celeiro

A formación nacionalista lembra que o 2 de outubro de 2019 acordouse en pleno a retirada da placa que homenaxea ao falanxista e insta ao Concello "a cumprir coa lei"

Placa en Celeiro en homenaxe ao falanxista Antonio Pedrosa Latas. AXM

O BNG de Viveiro reclama de novo que se retire a simboloxía fascista do Barrio do Chao de Celeiro, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica. A formación nacionalista lembra que o 2 de outubro de 2019 acordouse no pleno a retirada dunha placa que leva o nome do falanxista Pedrosa Latas.

A formación frontista critica que o goberno socialista “en 16 meses non foi capaz de aplicar a lei retirando unha placa que apenas está suxeitada cuns parafusos”.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, pregúntalle á alcaldesa, María Loureiro, “cal é o motivo de que o Barrio do Chao siga manchado co nome deste fascista”, que “foi xefe da falanxe en Lugo e que a tantos viveirenses intimidaba a punta de pistola”. Deste xeito, roga que “de maneira inmediata a alcaldía emita as intruccións necesarias para retirar estas placas e toda homenaxe fascista en aplicación da Lei”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here