IniciosociedadeViveiro baixa a once positivos en 14 días e o Hospital atende...

Viveiro baixa a once positivos en 14 días e o Hospital atende tres pacientes con Covid-19, dous menos

O Vicedo e Ourol súmanse a Xove, Trabada, Mondoñedo e Alfoz, os municipios da Mariña libres de Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 702, 46 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 22 positivos novos por PCR.

Dos 702 contaxiados, 40 permanecen ingresados, trece menos (13 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 27 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (tres, dous menos), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (21, sete menos), o centro hospitalario de Monforte (dous, un menos) e o Polusa (un).

No histórico da provincia documéntanse 202 defuncións -dato que se refire ás persoas falecidas na área sanitaria, non a lucenses que morreron noutros hospitais-, 10.741 altas e 11.650 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 185.060 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 1.040 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro baixa a once positivos confirmados nos últimos 14 días (un menos ca os comunicados onte), os mesmos que ten A Pontenova. O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove positivos localizados nas últimas dúas semanas, agás O Vicedo, OurolXoveTrabadaMondoñedo e Alfoz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...