IniciosociedadeViveiro conta 12 positivos en 14 días, igual que A Pontenova: Xove,...

Viveiro conta 12 positivos en 14 días, igual que A Pontenova: Xove, por fin libre de Covid-19

O municipio xovense, cunha alta incidencia do coronavirus nos últimos meses, súmase a Trabada e Alfoz, sen casos; o Hospital da Mariña atende seis pacientes con Covid-19, todos en planta

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 767, 28 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse un total de 30 positivos novos por PCR.

Dos 767 contaxiados, 62 permanecen ingresados, dous menos (19 deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 43 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o Hospital da Mariña (seis, sen variacións), o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (32) e o centro hospitalario de Monforte (catro, dous menos).

No histórico da provincia documéntanse 199 defuncións, 10.619 altas e 11.590 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 183.040 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 615 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro segue en melloría: conta doce positivos confirmados nos últimos 14 días, un menos ca os comunicados onte. A Pontenova, onde a taxa de incidencia acumulada supera os 250 casos por 100.000 habitantes e a Xunta manterá as restricións máximas, segue con doce contaxios localizados nese mesmo prazo.

O resto dos municipios da Mariña teñen entre un e nove contaxios nas últimas dúas semanas, agás Alfoz, Xove e Trabada, libres de Covid-19.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...