Viveiro reabrirá os parques infantís a partir do venres

O Concello lembra que é obrigado respectar o uso de máscara e unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados

Parque infantil en Viveiro (foto de arquivo). AXM

O Concello de Viveiro anunciou a través dun comunicado á veciñanza a súa decisión de reabrir este venres os parques infantís do municipio, pechados no seu día para cumprir as recomendacións sanitarias.

“Grazas á boa evolución da situación epidemiolóxica e tras as novas medidas postas en marcha o pasado venres en toda Galicia, o grupo de goberno tomou a decisión de reabrir estes espazos de lecer”, indica o goberno municipal.

“Co obxectivo de evitar calquera tipo de risco, o Concello pide á cidadanía prudencia e o cumprimento das normas do comité clínico da Xunta para este tipo de parques”, expón o executivo local na nota.

“En concreto, as autoridades sanitarias aseguran que os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, pistas de skate ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte o uso de máscara e unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados“.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here