IniciosociedadeA Xunta ampliará o horario da hostalería ata as 21.00 horas agás...

A Xunta ampliará o horario da hostalería ata as 21.00 horas agás nos concellos pechados

Nos municipios que rexistran máis de 500 casos por 100.000 habitantes e que están perimetrados, bares e restaurantes seguirán pechados

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta decidiu ampliar o horario de apertura dos establecementos de hostalería ata as 21.00 horas en todos os concellos galegos agás aqueles que rexistran máis de 500 casos por 100.000 habitantes e que están perimetrados, nos que os bares e restaurantes seguirán pechados.

Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que compareceu para informar os asuntos tratados na última reunión do comité clínico, que se celebrou entre este martes e mércores.

En relación coa hostalaría, a Xunta tamén estableceu un novo nivel de capaciade para aqueles cpncellos que teñan menos de 150 casos de covid por cada 100.000 habitantes, onde as terrazas poderán estar ao 75 por cento e os interiores ao 50 por cento.

Os outros tres niveis –para máis de 500 casos, para os que están entre 250 e 500 e para os que están entre 250 e 150– quedarían como os establecidos ata agora.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...