IniciosociedadeO PP de Burela urxe ao Concello a cubrir a baixa do...

O PP de Burela urxe ao Concello a cubrir a baixa do médico na unidade de drogodependencia

Os conservadores afirman que a persoa á que corresponde a praza falta "desde hai seis meses", o que está a causar "problemas asistenciais e organizativos"

Publicada o

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Burela vén de presentar unha moción na que insta ao alcalde, Alfredo Llano, a iniciar o procedemento para cubrir a praza de médico na Unidade Asistencial de Drogodependencia (UAD), que está “desatendida dende hai seis meses”.

Os conservadores afirman que “a persoa que no seu día ocupou esa praza está de baixa, pero esa situación está a causar problemas asistenciais e organizativos. Asistenciais porque as persoas usuarias da UAD non poden ter consultas médicas de xeito regular e organizativos porque a situación causa trastornos no funcionamento do propio centro, téndose chegado a depender de Atención Primaria para resolver determinados casos”, resumen.

Dende o PP indican que “a dependencia orgánica da UAD é do Concello de Burela, sendo a entidade local a responsable da contratación e substitución do persoal do centro, así como do abono dos seus salarios, xa que para iso recibe unha subvención que supera os 200.000 euros ao ano”.

OS CONSERVADORES ACUSAN AO GOBERNO DE “DESATENDER AS SÚAS FUNCIÓNS”

Para o grupo municipal popular, “é evidente que estamos ante unha desatención nas funcións, dado que a contratación corre por conta do Concello. Ao non cubrir a praza de xeito inmediato, estase a ocasionar un serio problema ás persoas usuarias da UAD. Desatención de funcións que se centran en dúas persoas, o alcalde Llano (algo que xa non nos sorprende vista a súa ineficacia en todos os campos da xestión municipal), e o concelleiro de sanidade, que non é outro ca o edil de cultura, José Díaz”, afirman.

Dado que a UAD conta cunha recoñecida traxectoria en toda a súa existencia, e que as súas profesionais teñen recoñecida valía e experiencia; e dado que a situación actual entorpece a labor asistencial e organizativa do centro, os conservadores agardan que o rexedor socialista “teña a ben comezar canto antes o procedemento para a contratación do facultativo médico, para que o servizo da UAD sexa un servizo eficaz ao cento por cento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...