IniciosociedadeViveiro sacará a concurso catro novos postos na Praza de Abastos

Viveiro sacará a concurso catro novos postos na Praza de Abastos

Con medidas que oscilan entre os 6,5 e os 15,79 m2, deben destinarse á venda de produtos de alimentación

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro tramitou o procedemento de contratación para sacar a licitación a concesión administrativa de catro novos postos da Praza Municipal de Abastos.

Estes catro postos, con medidas que oscilan entre os 6,5 e os 15,79 m2, deben destinarse á venda de produtos de alimentación en xeral, entendéndose por tales os peixes e mariscos; carnicería; panadería; froitas e verduras; charcutería; pastelería; produtos gourmets, queixos, chacinas, salazóns e conservas; viños, aceites, froitos secos, froitos do bosque, encurtidos e ultramarinos, ou conxelados.

As concesións dos catro postos outorgaranse por un prazo de 10 anos e o prazo de presentación de proposicións será de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Este anuncio publicarase previsiblemente o 24 de marzo de 2021.

“As prazas de abastos sempre foron motores do comercio local e con este proceso queremos contribuír á dinamización das instalacións, ademais de reactivar a economía do concello”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...