InicioOrientalA PontenovaXove e Riotorto, os concellos da Mariña cunha maior taxa de incidencia...

Xove e Riotorto, os concellos da Mariña cunha maior taxa de incidencia acumulada do virus

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 210

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 210, cinco máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este venres 19 de marzo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse 25 positivos novos por PCR.

Dos 210 contaxiados, 19 permanecen ingresados (catro deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os 15 pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (nove), o centro hospitalario de Monforte (tres), o Hospital Público da Mariña (dous) e o Polusa (un).

No histórico da provincia documéntanse 211 defuncións, 11.504 altas e 11.930 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 199.254 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 687 probas.

No tocante á situación epidemiolóxica por municipios, Xove (cunha taxa de incidencia acumulada de menos de entre 76 e 125 positivos por 100.000 habitantes), Viveiro (entre 11 e 25), Burela (entre 26 e 75), onde se localizaron 13 positivos nun barco pesqueiro, Ribadeo (entre 11 e 25) e Riotorto (entre 76 e 125), son os únicos municipios da Mariña onde se detectaron casos novos nos últimos sete días, entre un e nove, segundo os últimos datos actualizados (onte ás 18.00 horas) pola Xunta.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...