O mural de Rosalía xa loce en Ribadeo

A pintura, na rúa Rodríguez Murias, foi elaborada con motivo do Día da escritora galega coa achega da Deputación

Mural de Rosalía en Ribadeo. AXM

Xa se pode ver na rúa Rodríguez Murias, de Ribadeo, o mural en homenaxe a Rosalía de Castro. Foi pintado esta mañá por Concepto Circo. Así o anunciou o Concello a través dun comunicado de prensa.

Deste xeito Ribadeo conmemora a data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837, “unha celebración que foi impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”, segundo lembraba hai uns días a concelleira de Cultura, Pilar Otero.

Ribadeo acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo na que se posibilitaba que os Concellos, que así o solicitasen, puidesen dispor dunha actividade para celebrar a efeméride. “No ámbito do mural que solicitamos propóñense modelos de obras orixinais coa mestura de diferentes técnicas”, dixo a edil ribadense.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here