IniciosociedadeA Ruta das Tapas e o Comercio na Rúa volven a Foz

A Ruta das Tapas e o Comercio na Rúa volven a Foz

En Ribadeo seguen os descontos en 50 establecementos e en Viveiro o comercio asociado ao CCHV abrirá o Xoves Santo

Publicada o

- Advertisement -

Do 1 ao 3 de abril celebrarase en Foz a 17ª Ruta das Tapas, que este ano se enmarca nas Xornadas Gastronómicas imPULSA Foz, que organiza o Concello coa colaboración de AciaFozCCA.

O presidente do CCA focense, José Carlos Paleo, sinala que “chegamos a unha nova edición da clásica Ruta das Tapas de Foz, que será diferente debido á situación sanitaria que estamos a vivir. O ano pasado non puido celebrarse, pero neste 2021 son un total de 17 locais, socios e non socios de AciaFozCCA, os que ofrecerán as súas propostas gastronómicas en miniatura desde o xoves ata o sábado”, indicou.

DEZASETE LOCAIS ELABORARÁN PETISCOS

Os participantes son: A Cancela, Cafetería Llas, Centro Social Cangas, Costumes do Mar, O Paseo, O Taco, Rincón do Mis, San Miguel, Teleclub Vilaronte, Restaurante Dandy, Bar 78, Tangarte, Mayros, Xoyma, Anduriña e A Rambla.

Paleo indica que “estamos diante dunha alternativa atractiva para as veciñas e veciños de Foz, do resto da comarca da Mariña e para todas as galegas e os galegos que estes elixen esta zona para pasar a Semana Santa, sempre cumprindo coa normativa sanitaria en vigor en cada momento, respectando os aforos, a distancia de seguridade e os horarios de peche”, concreta.

31 ESTABLECEMENTOS LEVARÁN A SÚA MERCANCÍA Á RÚA

Ademais estes días ten lugar unha nova edición do Comercio na Rúa, que organiza AciaFozCCA. Será hoxe, día 31, e tamén mañá e o sábado, 1 e 3 de abril respectivamente.

Os 31 establecementos comerciais que participan nesta iniciativa ofrecerán descontos especiais nas rúas focenses e en caso de mal tempo faranos no interior dos locais. Son: 5 Lobiños, Alain Afflelou, Arrullos, Briz Peluquería, Buxo Xogos, Carmen León Zapatería, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Din e Don, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lourdes Moda Íntima, María Docampo, Mc Automotive, N1 Zapatillas, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vagaluz, Vas´s, Vas´s Outlet e Xanela.

O xoves, 1 de abril, a Charanga Santa Compaña da Coruña animará coa súa música as rúas de Foz.

Colaboran na organización desta campaña no comercio focense: Impulsa Foz, Concello de Foz, Comercio Seguro e Xunta de Galicia.

Ata o 4 de abril segue a semana dos descontos en 50 negocios ribadenses, segundo lembra a Acisa. Participan negocios de todo tipo: moda home e muller, calzado, electrónica, papelería, libraría, deportes, decoración ou regalo, con dende liquidacións de stocks ata fin de rebaixas, pasando por zonas outlet, 2×1, descontos do 20 ao 70% e produtos a 5, 10 ou 20 euros.

Respecto aos días de apertura do comercio, desde Acisa concretan que “temos coñecemento que a maior parte dos negocios asociados abrirán as súas portas o xoves e moitos deles o venres pola mañá. E por suposto o domingo estará aberto, coma sempre”, finalizan.

En Viveiro, segundo concretou o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV),  o comercio asociado ao CCHV abrirá o Xoves Santo pola mañá, será en horario de festivos de 11.00 a 14.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...