Segue aberto o prazo para as 537 prazas ofertadas polas escolas infantís autonómicas da Mariña

Ofértanse 161 postos en Burela, 114 en Foz, 99 en Ribadeo, 61 en Mondoñedo, 41 en Viveiro e O Valadouro e 20 en Alfoz; os interesados poden anotarse ata o 12 de abril

Escola infantil. AXM

A Consellería de Política Social informou de que mantén aberto ata o vindeiro 12 de abril o prazo de inscrición para o curso 2021-22 nas nove escolas infantís públicas autonómicas da Mariña de Lugo, que poñen á disposición das familias 537 prazas.

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que a Xunta presta este servizo a través da Axencia Galega de Servizos Sociais e da rede Galiña Azul do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. En canto á distribución das prazas por concellos, ofértanse 161 en Burela, 114 en Foz, 99 en Ribadeo, 61 en Mondoñedo, 41 en Viveiro e O Valadouro e 20 en Alfoz.

GRATUIDADE PARA SEGUNDOS FILLOS E SUCESIVOS

Arias apuntou que o vindeiro curso será o segundo completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos nas escolas infantís da Xunta e tamén nas privadas, municipais e de iniciativa social.

Tamén salientou o esforzo realizado nos últimos meses polos profesionais deste nivel educativo para lograr que o curso se desenvolva con normalidade e con todas as garantías de seguridade. Destacou ademais o bo cumprimento das recomendacións sanitarias por parte das familias e dos nenos e nenas.

O seguinte cadro recolle as prazas que oferta cada escola:

ESCOLA INFANTIL

PRAZAS OFERTADAS

Virxe da Purificación (Foz)

53

Nosa Señora do Campo (Ribadeo)

99

Casa do Mar de Celeiro (Viveiro)

41

REDE GALIÑA AZUL

Alfoz

20

Burela

120

Burela-Os Castros

41

Foz

61

Mondoñedo

61

O Valadouro

41

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here