Viveiro, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo, os municipios con algún caso novo nos últimos sete días

O municipio barreirense é, de todos eles, o de maior incidencia do virus, con entre 126 e 250 positivos por 100.000 habitantes; o Hospital da Mariña volve atender un paciente con Covid-19

Probas de Covid-19 en Burela. CARLOS CASTRO/EP/GC

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 145, seis máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Desde a anterior actualización detectáronse oito positivos novos por PCR.

Dos 145 contaxiados, dez permanecen ingresados (tres deles en coidados intensivos, todos no HULA). Os sete pacientes con Covid-19 en plantas de hospitalización repártense entre o propio Hospital Universitario Lucus Augusti (cinco), o Hospital Público da Mariña (un, un máis ca na anterior actualización) e o centro hospitalario de Monforte (un).

No histórico da provincia documéntanse 212 defuncións, 11.749 altas e 12.111 casos acumulados desde o inicio da pandemia. Fixéronse 208.667 PCR, o que implica que desde o anterior reconto efectuáronse 880 probas.

No que atinxe á situación epidemiolóxica por municipios, Viveiro (cunha taxa de incidencia acumulada de entre 11 e 25 positivos por 100.000 habitantes), Cervo (entre 11 e 25), Burela (entre 11 e 25), Foz (menor a dez), Barreiros (con entre 126 e 250 casos por 100.000 residentes) e Ribadeo (con entre 11 e 25 casos por 100.000 veciños) rexistraron algún contaxio nos últimos sete días, sempre menos de dez, mentres que no resto dos concellos da Mariña non se localizaron novas infeccións nese mesmo prazo dunha semana.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here