Sen cambios nos confinamentos da Mariña: só Barreiros e Trabada manterán restricións

Só o  concello de Cualedro (Ourense) se suma, a partir do próximo luns 19, ao grupo de municipios con restricións máximas.

Control da Garda Civil EFE/ELISEO TRIGO

concello de Cualedro (Ourense) sumarase, a partir do próximo luns 19, ao grupo de municipios con restricións máximas, no que permanecerán tamén O Grove, A Pobra do Caramiñal e Carballeda de Valdeorras. Así, este catro municipios seguirán co peche perimetral e a hostalaría só poderá abrir con servizo a domicilio e para levar.

Así o decidiu o subcomité clínico na reunión deste venres, na que se analizaron os últimos datos da evolución da pandemia por coronavirus e que levou a cabo tamén a revisión dos niveis para o resto de municipios galegos.

Á marxe deste grupo, determinouse o nivel alto de restricións para nove concellos: Cortegada, O Barco, Padrenda, Rubiá, Lobeira, Barreiros, Boimorto, Boiro e Cambre. Nestes municipios están pechados os interiores da hostalaría.

No nivel medio sitúanse O Irixo, A Pobra do Brollón, Meira, Trabada, Ribeira, Carral, Muxía, As Pontes, Ortigueira, Cambados, Catoira, Cangas, Marín, Meis, Gondomar, Vilanova, Vilaboa, Soutomaior, Sanxenxo, Ribadumia, Meaño, As Neves, A Illa de Arousa e Vilagarcía. Neste grupo de municipios a hostalaría pode servir en terrazas ao 50 por cento da súa capacidade e no interior, ao 30 por cento.

No resto de concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo, que principalmente afecta os aforamentos da hostalaría (50 por cento en interior e 75 por cento as terrazas).

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here