IniciosociedadeAsí está a covid na Mariña: preocupa Trabada e mellora algo Barreiros

Así está a covid na Mariña: preocupa Trabada e mellora algo Barreiros

Por riba dos 50 casos por 100.000 habitantes tamén están Ribadeo, Burela, Foz, Mondoñedo, O Vicedo e Vivieiro

Publicada o

- Advertisement -

A evolución do virus na Mariña segue preocupando en Trabada, que mostra unha incidencia acumulada a 14 días superior a 500 casos por 100.000 habitantes, cun número total de casos activos que non supera a decena.

Pola súa banda, Barreiros tamén baixa da decena de contaxios pero segue cun nivel de incidencia superior a 250 casos por 100.000 habitantes, mentres Ribadeo e Burela rexistran 13 contaxios confirmados e unha incidencia superior a 50 casos por 100.000 habitantes, mesmo nivel no que se achan os municipios de Foz, Mondoñedo, O Vicedo e Viveiro.

Nun chanzo inferior, cunha incidencia superior a 25 casos por 100.000 habitantes, están os municipios de Lourenzá e Xove, mentres que Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova e O Valadouro atópanse sen novos contagios na última semana.

Precisamente, o municipio de Barreiros baixará ao nivel medio de restricións a partir deste venres, o que supón unha reapertura da hostalaría ao 30% en interiores e ao 50% en terrazas, mesma situación na que continuará Trabada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...