IniciosociedadeOs alcaldes do litoral norte piden a Feijóo unha reunión polo tren

Os alcaldes do litoral norte piden a Feijóo unha reunión polo tren

Os alcaldes dos municipios mariñaos afectados acordaron ir todos á xuntanza solicitada

Publicada o

- Advertisement -

Os alcaldes de A Mariña, Ferrolterra e Ortegal enviaron unha carta á Xunta de Galicia para solicitar unha entrevista co presidente do Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. Os rexedores queren manter unha xuntanza cos representantes do Goberno galego para abordar a situación na que se atopa o tren que percorre o litoral norte.

O alcalde de Burela e presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña, Alfredo Llano, asegura que “no último pleno da agrupación de concellos da bisbarra, os alcaldes afectados decidimos ir todos xuntos a esa xuntanza, e o mesmo van facer os rexedores de Ortegal e Ferrolterra”.

SEN LABORES DE MANTEMENTO

Llano resalta que a zona afectada abrangue a uns 200.000 habitantes, e que o servizo que o tranvía ofrece a estas persoas é insuficiente. “O tren de proximidade ten que ser garantido, potenciado e defendido. Non se están a facer as labores de mantemento precisas para que este servizo estea garantizado durante moito tempo e isto é preocupante”, afirma.

O presidente da Mancomunidade de Municipios de A Mariña asegura que “queremos defender o tren porque afecta a moita xente, tanto na xestión administrativa como na académica e na atención sanitaria”. Tamén ve este servizo como “unha alternativa para o turismo” e como básico “para fixar poboación”, porque, argumenta, a xente valora este tipo de infraestruturas á hora de escoller residencia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...