IniciosociedadeA covid non impide celebrar cun brinde virtual e música o segundo...

A covid non impide celebrar cun brinde virtual e música o segundo aniversario do Centro de Maiores de Trabada

Usuarios e traballadores participaron en actividades, bailaron ao ritmo da música en directo da banda Sons e Soños e fixeron un brinde virtual con familiares e amigos.

Publicada o

- Advertisement -

Os usuarios e traballadores do Centro de Atención a Maiores de Trabada celebraron este domingo o segundo aniversario da apertura desta residencia da Deputación de Lugo. Ao longo de toda a xornada desenvolvéronse diferentes actividades, pero unha delas foi moi especial: un brinde virtual ao que se uniron familiares e amigos que non se quixeron perder esta xornada festiva.

A mañá solleira permitiu que gran parte das actividades se realizaran no patio do centro, onde se instalaron carpas que permitiron a presenza da banda de música Sons e Soños. Mantendo as rigorosas medidas fronte á Covid-19 de distanciamento social e protección individual, foi posible un concerto en directo que animou aos residentes a bailar e a aplaudir ao ritmo da música.

O brinde virtual tivo lugar ao mediodía e permitiu que as familias, as amizades, residentes doutras residencias provinciais e persoal do centro que non estaba de maneira presencial neste día, puideran compartir este momento en directo conectándose a través dos seus ordenadores e teléfonos móbiles.  Á súa vez, tamén penduraron das paredes da residencia cartas e debuxos que lles fixeron chegar os seus achegados para felicitalos por estes dous anos de convivencia.

Segundo informa a Deputación de Lugo nun comunicado, no Centro de Atención a Maiores de Trabada serviuse neste día de celebración un menú especial e os usuarios e traballadores gozaron dunha tarde de xogos e obradoiros.

A rede de centros de maiores da Deputación de Lugo ten en funcionamento 5 centros na provincia: Trabada, Ribadeo, Pol, A Fonsagrada e Castroverde, coa previsión de que neste 2021 abran os de Pedrafita do Cebreiro, Meira e Navia de Suarna.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...