IniciosociedadeA Xunta defenderá o topónimo ría de Ribadeo tras os informes favorables

A Xunta defenderá o topónimo ría de Ribadeo tras os informes favorables

Tanto a valoración da comisión como o estudo do CCG serán remitidos ao Instituto Xeográfico Nacional do Ministerio de Fomento.

Publicada o

- Advertisement -

O informe do Consello da Cultura Galega, que insiste en que o topónimo oficial é Ría de Ribadeo, xa que así figura en numerosos documentos históricos e oficiais, foi avaliado, xunto con outros documentos encargados á Real Academia Galega e a Universidade de Santiago de Compostela, na reunión da Comisión de Toponimia de Galicia, reunida na tarde deste mércores para fixar a postura da Administración autonómica.

Deste xeito, e tras coñecer este informe e os consellos doutras institucións favorables o topónimo Ría de Ribadeo, a Xunta emitiu un ditame no que aposta por manter este nome histórico para a ría. Por iso, defenderá ante o Goberno central que se manteña a actual denominación da ría fronte á petición do Goberno asturiano, que xa tentou fai máis dunha década cambiar o nome e rebautizala como Ría do Eo.

Tanto a valoración da comisión como o estudo do CCG serán remitidos ao Instituto Geográfico Nacional do Ministerio de Fomento, encargado de decidir se acepta o cambio de nome, posto que é o órgano encargado de facelo nos casos en que afecte a máis dunha comunidade autónoma.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...